Un Azkar con numerosas baixas aspira a acabar o ano con boas sensacións en Santa Coloma
As baixas non deben impedirlle unha alegría ao Azkar Lugo Fs. Pese á situación na que chega a terras catalás para mañá sábado (18:30 horas – Pavillón Jacint Verdaguer) enfrontarse ao Marfil Santa Coloma, os lucenses desexan competir ao máximo e así intentar sorprender a un conxunto o colomense que conseguiu meterse nos postos de arriba desde o inicio da liga.
Os cataláns son quintos na táboa con 25 puntos, dos cales 13 conseguíronos como local. O Azkar Lugo pola súa banda, con 13 puntos na táboa, chegan a terras catalás sabendo da peligrosidade dos locais, un equipo que destaca pola súa facilidade goleadora, polo que competir ao máximo durante os 40 minutos debe ser clave.
O parte de baixas dos lucenses é amplo: Jose López por lesión, Aranburu e Chano por sanción e Adrián, Rubén Mouriz e Asier ao estar convocados coa selección galega sub-19. Ante esta situación, Diego Ríos convocou por primeira vez na tempada ao xuvenil de 16 anos Porto.
Convocatoria:
Azkar Lugo: Óscar Iglesias, Cospe, Diego Núñez, Cuco, Jandri, Antonio Diz, Mendiola, Iago Rodríguez, Porto, Álex Diz e Zala.
Histórico de enfrontamentos en 1ª división en Santa Coloma:
Vitorias Marfil: 5.
Vitorias Azkar: 4.
Empates: 0.
Tempada 12/13: 7-4.
Tempada 11/12: 1-3.
Tempada 10/11: 1-4.
Tempada 09/10: 6-3.
Tempada 08/09: 2-4.
Tempada 04/05: 2-3.
Tempada 03/04: 5-2.
Tempada 02/03: 5-2.
Tempada 00/01: 4-1.











