publicidade hoxe

Tui promove un curso para a deshabituación tabáquica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTui
A-
A+

O Departamento de Prevención de Drogodependencias da Concellería de Servizos Sociais do Concello de Tui, en colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro, organiza para o mes de xaneiro un curso de “Deshabituación Tabáquica”. Todos aqueles interesados en anotarse poderán facelo achegándose ás dependencias de Servizos Sociais ou no teléfono 986 60 36 25, o prazo remata o día 3 de xaneiro. Poderán asistir todos os fumadores maiores de 18 anos que queiran deixar de fumar. Este é un programa de axuda específica e personalizada para facer fronte ao complexo proceso de abandono.

O curso consta de 7 sesións cunha duración de hora en media cada unha, será en horario de tarde, probablemente de 18.30 a 20.00 horas. Durante o mes de xaneiro farase unha primeira entrevista coa terapeuta, o curso dará comezo o día 29 de xaneiro. Necesitase un número mínimo de 12 persoas para poder levalo a cabo.

Dende a Concellería de Servizos Sociais, se anima a todas aquelas persoas que queren deixar de fumar e non o consegue, a participar neste curso pois este tipo de terapias que brindan apoio técnico, consellos,  compañía e recompensas son unha das ferramentas máis exitosas para lograr o abandono do tabaquismo.

3 de decembro de 2013 | 18:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.