Tui e Aceesca de Porriño asinan un convenio para a realización de prácticas laborais das persoas con discapacidade intelectual

Reunión con Aceesca
O pasado xoves na Casa do Concello de Tui tivo lugar a sinatura dun convenio de colaboración entre o Concello tudense e a Asociación Comarcal de Educación Especial Santísimo Cristo del Amor – ACEESCA representados polo alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez ,e a presidenta da asociación ACEESCA de Porriño, María Luz Fernández Grandal, para levar a cabo prácticas laborais cunha usuaria da asociación
ACEESCA dedícase á atención de persoas con discapacidade intelectual que ten entre os seus obxectivos e prioridades a inserción laboral deste colectivo. Coma parte da formación práctica que imparte aos seus usuarios , asinou este convenio co Concello de Tui, co fin de que Sonia Martínez Sampayo, usuaria da asociación, realice prácticas laborais no Concello de Tui. A duración das prácticas é de dous meses, dándolle continuidade ao curso de formación teórica previamente realizado en tarefas administrativas.
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, expresou a súa total satisfacción polo traballo que Sonia Martínez está realizando no Concello e o seu desexo de continuar colaborando con ACEESCA no futuro.











