Trilho Monte Faro será a última Andaina Saudable da Eurocidade neste 2013
O próximo sábado, 14 de decembro, terá lugar a derradeira edición das andainas saudables da Eurocidade 2013, “Trilho do Monte Faro” en Valença, organizada pola Eurocidade Valença-Tui.
Este trillo terá o seu inicio ás 10.00 horas(ES) / 09,00 horas (PT), dende o punto de encontro no Monte Faro, tendo un percorrido de 11 quilómetros, cunha duración aproximada de catro horas e media, sendo a dificultade fácil. Para todos aqueles que non coñezan o punto de encontro quedarase ás 09.45 horas españolas no aparcamento do Lidl de Valença.











