Tres persoas precisaron asistencia médica por unha intoxicación por monóxido de carbono en Vigo
Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron ao sanatorio Concheiro a tres persoas que resultaron afectadas por unha fuga de monóxido de carbono no interior dun establecemento na rúa Zamora, en Vigo.
O 112 informa de que, tras recibir a alerta ás 14,58 horas da tarde deste mércores, o centro de emerxencias solicitou a intervención dos bombeiros que, unha vez realizadas as medicións oportunas, confirmaron a acumulación de monóxido de carbono.
Segundo explicou o equipo médico de Urxencias Médicas, os afectados presentaban síntomas como vómitos e mareos cada vez que accedían ao lugar de traballo.
Por iso, ademais dos bombeiros, o 112 pediu a colaboración dos técnicos da empresa subministradora do gas co fin de comprobar a procedencia da posible fuga. A Policía Local tamén participou neste operativo.