Tras rematar o estudo de alegacións, o Concello de Mos espera aprobar provisionalmente o PXOM

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

Xa se atopa rematado o estudio das alegacións ó documento do PXOM mosense aprobado inicialmente. Agora, segundo informou esta mañá a concelleira de Urbanismo Julia Loureiro, trabállase para rematar o catálogo no que se inventarian os horreos do Concello e que será incluído no Plan Xeral para, a principios do vindeiro mes de xaneiro de 2014, proceder ó envío do documento para aprobación provisional do Plan ó órgano ambiental (consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia).

Este documento para aprobación provisional contén os informes sectoriais e un informe sobre o proceso de participación pública no que se recollen todas as alegacións recibidas e contestadas. Tras a recepción deste documento por parte da Xunta de Galicia a administración autonómica ten un prazo de dous meses para emitir a súa memoria ambiental que, unha vez recibida polo Concello, está previsto que o documento do PXOM sexa levado a Pleno para a súa aprobación provisional. Segundo estes cálculos, estímase que o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Mos sexa aprobado provisionalmente en Pleno de cara a febreiro ou marzo do ano que ven.

Solos urbáns e alturas

Dous dos parámetros que espertan un maior interese entre a poboación local no que Plans Xerais se refire son os solos urbáns e o número de alturas permitidas para novas construccións e edificacións.

Neste sentido, tal e como hoxe explicaba a edil Julia Loureiro, “tendo en conta que as alegacións en núcleos rurais demandan crecemento, intentouse, por parte do equipo redactor e dos técnicos municipais, primar dito crecemento na medida que o permita a legislación vixente”.

No caso dos solos urbáns existentes inténtase homoxeneizar alturas sen un desenrolo excesivo, harmonizando o conxunto, e regularizando as alturas no Plan cun crecemento contido.

En canto ós solos urbáns, o documento do Plan Xeral de Mos contempla dez solos urbáns, que se dividen en residenciais e industriais. Os residenciais son oito, a zona das Pozas, na parroquia de Petelos, que se prima como verdadeiro centro urbán e como lugar no que unificar a totalidade dos edificios institucionais; Portela (parroquia de Tameiga), Peinador (Torroso), San Antoíño (Louredo), Monte (Sanguiñeda), Amieirolongo (Sanguiñeda), San Eleuterio (Tameiga) e Campo de Eiró (Pereiras). E os dous solos industriais son o Parque Empresarial Mos-Veigadaña (Petelos) e o Polígono Industrial de Santiaguiño (Louredo).

Para rematar, Loureiro recalcou que nos solos urbanizables residenciais inténtase que o desenrolo sexa contido e harmónico cos solos urbáns xa existentes.

4 de decembro de 2013 | 13:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.