Teo entrega os premios do XIV concurso de postais de Nadal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTeo
A-
A+

O Concello de Teo entrega este mércores 11 de decembro os premios do XIV Concurso de Postais de Nadal ás 20:00 horas. Trátase dun acto público no CSC da Ramallosa no que se expoñerás as case 30 postais con algún recoñecemento das case 800 presentadas. A entrega contará coa presenza do alcalde de Teo, Martiño Noriega, e a concelleira de Cultura, Carme Hermida.

O concurso de postais é un clásico do Nadal teense no que se implica de xeito moi especial a comunidade educativa. De feito a maior parte dos traballos chegan directamente dos centros escolares teenses. Ese traballo de estimulación dos mestres é precisamente un dos aspectos destacados polo xurado do concurso. A gratitude pola alta participación e os parabéns pola calidade dos traballos, son aspectos recollidos na acta na que se acordaron os premiados.

Os/as premiados/as recibirán un diploma e os primeiros premios terán tamén un vale para material didáctico. Ademais algunhas das postais elixidas como as mellores serán usadas para ilustrar a cartelería coa que o Concello de Teo anuncie a programación de Nadal ou actividade concretas como a Cabalgata de Reis. Sen dúbida este será un dos maiores recoñecementos públicos para o traballo destes pequenos/as artistas.

Na categoría de educación infantil elixíronse catro accésits ademais do segundo e primeiro premio. Na categoría de 1º, 2º e 3º de primaria foron cinco accésits e un primeiro e segundo premio. Na categoría de 4º, 5º e 6º de primaria o número de accésits subeu a 12 e coma nas anteriores houbo un primeiro e segundo premio.

9 de decembro de 2013 | 19:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.