Técnicos da DXT darán unha charla en Lousame sobre consellos aos peóns

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLousame
A-
A+

Técnicos da Dirección Xeral de Tráfico (DXT) ofrecerán mañá xoves 12 de decembro, a partir das 20:00 horas, unha charla sobre normas e consellos para que os peóns circulen con seguridade. Unha charla organizada pola Dirección Xeral de Tráfico, en colaboración co Concello de Lousame, e que terá lugar na Casa da Cultura. A entrada é libre e de balde.

Esta iniciativa forma parte da Campaña Autonómica de Peóns que está a levar a cabo a DXT por distintas localidades galegas e que está especialmente enfocada á terceira idade. Todos os asistentes recibirán un chaleco reflectante como agasallo, de cara a incrementar a súa visibilidade e así evitar atropelos, sobre todo polas noites.

Así, os técnicos da DXT explicarán situacións como que polas noites os condutores só poden ver ás persoas a unha distancia máxima de 20 metros. Se a isto sumámoslle que a distancia media de freada dun vehículo a 70 kms/hora é de 56 metros, a posibilidade de frear a tempo é reducida. Sen embargo, esa mesma persoa cun chaleco reflectante será vista a unha distancia de 150 metros.

11 de decembro de 2013 | 19:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.