Teatro infantil e familiar en Monforte coa compañía Baobab

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

O xoves día 26 de decembro ás seis da tarde, a compañía “Baobab Teatro” achegará a Monforte a súa obra infantil e familiar “Babs”.

A representación está organizada pola delegación de Educación e Cultura dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios.

Babs é un espectáculo recomendado para nenos e nenas a partir de 1 ano de idade e, por suposto, para toda a familia.

Babs é un planeta moi moi pequeno que só ten tres habitantes: Mamá, Papá e Babo.

Babo é un ser moi moi pequeniño, el quere descubrir o mundo, Papá e Mamá teñen medo e protéxeno

Mamá e Papá non queren que lle pase nada malo a Babo e sempre din NON, pero Babo necesita investigar, descubrir e explorar. Babo explora tanto que desaparece.

Babs é un espectáculo tenro e acolledor para gozar en familia.

Babs é un espectáculo cheo de creatividade e ilusións para que os máis pequenos poidan espertar os seus cinco sentidos e teñan as súas primeiras sensacións.

Babs é unha experiencia máxica para bebés e familia onde a tenrura é a protagonista.

A entrada xeral custará 5 €, mentres que para os nenos/as, estudantes, desempregados/as e xubilados/as o prezo será de 3 €

A representación levarase a cabo no Edificio Multiusos, o xoves 26 de decembro ás 18:00 h.

24 de decembro de 2013 | 10:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.