publicidade hoxe

Sorteo de premios da gymkhana de FECIMO “Exploradores do Morrazo”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueuCangasMoañaPontevedra
A-
A+

Esta semana celebraranse os sorteos de premios da Gymkhana Infantil “Exploradores do Morrazo”, organizada polas empresas asociadas a FECIMO para os nenos de 4 a 14 anos. Os participantes teñen ata o día 31 de decembro para superar todas as probas que lle agardan nos establecementos de Bueu, Cangas e Moaña.

Cos seus mapas debidamente cubertos, participarán no sorteo final de dous grandes premios:

1º Premio: unha TABLET
2º Premio: unha gran CESTA DE NADAL infantil

Realizaranse tres sorteos, un en cada vila, no marco dunha gran festa con actividades de animación para todas as idades, para que os cativos disfruten en familia.

Contaremos con:
– Obradoiro de Globoflexia
– Obradoiro de maquillaxe
– Obradoiro “Pinta Nadal”
– Zona de xogos
– E disporase de Cartas de Reis para que os nenos escriban os seus desexos.

Realizarase o sorteo de premios e haberá un gran espectáculo final de animación con música e baile.

Lembramos as datas:
-2 de xaneiro en Moaña, Palco da Música ás 17:00h
-3 de xaneiro en Cangas, Alameda Vella ás 17:00h
-4 de xaneiro en Bueu, Praza do Concello ás 11:00h

30 de decembro de 2013 | 18:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.