publicidade hoxe

Sober e Agader acometen melloras en 5 espazos exteriores da localidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O Concello de Sober levou a cabo melloras en cinco espazos exteriores da localidade grazas ás axudas para proxectos de dinamización rural que subvenciona AGADER. As obras supuxeron un investimento de máis de 80.000 euros, dos que o Goberno local achegou o 20%.

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, explica que as obras están todas en servizo, aínda que o Concello ten previsto facer pequenas melloras que non figuraban no proxecto. O rexedor subliña que estas actuacións permitirán desfrutar de novos espazos pensados para veciños e visitantes. “Trátase dun investimento que nos permite acondicionar zonas do noso Concello nas que estamos todos os días e que agora ofrecen novas posibilidades e aproveitamentos”, engade.

En concreto, interveuse en cinco espazos. O primeiro deles nos Chancís, onde se instalaron placas solares no centro de interpretación. Outra das actuacións foi a humanización da Praza de Cima de Vila en Santa Cruz de Brosmos e do espazo público de Viloudriz, en Refoxo.

Ademais destas obras, instalouse un parque infantil en Arxemil, en San Martiño de Anllo, e humanizouse a praza de Sistín do Mato, en Canabal.

6 de decembro de 2013 | 19:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.