publicidade hoxe

Sober continúa coa renovación integral do alumeado público

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, dá conta da entrada en servizo da renovación integral do alumado público nos lugares de Hortás, A Mogueira, Portizó, Soutonovo, Castinandi, A Bouza -en Anllo Santo Estevo-, A Pena, Sober o Vello, Proendos, Vilastrille, O Barrio, As Laxes e Os Pacios, en Proendos.

O rexedor explica que se instalaron novas luminarias de aloxenuro que supoñen “un moi importante aforro enerxético e mellor luminosidade”. As obras incluíron tamén a unificación de alumados coa baixa de 8 cadros, así como a retirada de postes en mal estado ou duplicados.

A actuación significou un investimento de 60.000 euros, dos que a Consellería de Industria aportou o 85%. O ano pasado xa se fixeron obras similares en A Vacariza (Neiras), Canabal e A Burdalla, O Campo, A Cigueñeira, O Xuncal e Pacios en Anllo Santo Estevo. En 2014 está previsto facer os mesmos traballos en A Mamuela (Doade), Pinol, Santiorxo ou Bolmente, entre outros lugares.

Pola súa parte, o Concello de Sober levou a cabo obras integrais de reforma con fondos propios nos alumados de As Gándaras, A Riba (Barantes), Vilavalde, Francos de Doade, Igrexa de Barantes, Sober, Igrexa de Gundivós, Liñarán, Froxán, Viloriz, Fervenza, Xanimol e Prados, entre outros. O Goberno local traballa xa en novos proxectos para seguir con este tipo de actuacións durante o 2014.

30 de decembro de 2013 | 18:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.