publicidade hoxe

Sober agradece a “solidariedade” dos participantes no concerto de Nadal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, quere agradecer a “enorme solidariedade” amosada polos veciños e veciñas de Sober ante a resposta que tiveron co concerto solidario de Nadal que se celebrou onte. O rexedor valora o feito de que o acto foi das actividades con máis público de todas cantas se teñen celebrado no Centro Sociocultural.

O Concello de Sober fíxose con 500 quilos de comida doada polos asistentes, máis de 300, que o departamento de Servizos Sociais destinará a aquelas familias que máis o necesiten.

O acto contou ademais coa presenza e colaboración da delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias.

Luis Fernández Guitián quere facer extensible a felicitación a todos os nenos e nenas, así como aos integrantes da Banda de Música de Sober por ofrecer un concerto “único e irrepetible do que todos puidemos gozar”. Por último, o alcalde aproveita esta comunicación aos veciños e veciñas para desexarlles a todos unhas felices festas.

22 de decembro de 2013 | 11:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.