Silvia Penide e Félix Arias celebran no Ágora un concerto solidario con Implicadas no Desenvolvemento

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCalendario
A-
A+

O vindeiro xoves, 5 de decembro, ás 20:30  Implicadas no Desenvolvemento organiza un novo concerto solidario no Centro Ágora. Desta vez será da man de Silvia Penide e Félix Arias que se unen para facer sonar temas propios e cancións de algúns e algunhas referentes musicais dende un punto de vista moi particular grazas a Canciones Ajenas.

O prezo das entradas é de 5 euros, estas poden adquirirse no despacho de billetes da Praza Ourense, por televenta a través de Servinova ou na propia taquilla do Centro Agora dende unha hora antes do concerto.

O obxectivo deste concerto solidario é recadar fondos para os programas de cooperación ao desenvolvemento que nestes momentos Implicadas ten en marcha en Támil Nadu (India). Por un lado o programa de “Erradicación do infanticidio feminino” en Salem e por outro, o programa de “Empoderamento das mulleres” en Tiruchy, Ademais de dar visibilidade ao traballo que Implicadas fai aquí en Galicia polo que se fará paralelamente ao concerto unha presentación da ONGD. 

Implicadas no Desenvolvemento é unha organización galega de cooperación fundada no ano 1998. Basea o seu traballo na procura da igualdade de xénero como base para o desenvolvemento humano sostible e perdurable. A ONG traballa dende Galicia e tamén en países coma a India e Etiopía, e faino cun marcado enfoque de xénero. Para saber máis sobre as súas actividades podedes a través da súa páxina web www.implicadas.com.

2 de decembro de 2013 | 10:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.