Sigüeiro acolle un Concerto de Corais coas agrupacións de Santa Eulalia de Senra, Santa Cruz de Montaos e Eumesa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioOroso
A-
A+

O centro cultural de Sigüeiro acollerá mañá sábado 21 de decembro, a partir das 20:30 horas, o tradicional Concerto de Corais, que organizan cada ano a Coral Polifónica Santa Eulalia de Senra e o Concello de Oroso. Durante algo máis de hora e media, o auditorio do centro cultural Fernando Casas e Novoa acollerá as actuacións da coral polifónica Eumesa (Pontedeume), da coral polifónica Santa Eulalia de Senra (Oroso) e a coral de Santa Cruz de Montaos (Ordes).

Este concerto adoita reunir a preto dun centenar de veciños e veciñas, que disfrutan dun pequeno “aperitivo” antes do Concerto de Panxoliñas do próximo venres 27 de decembro ás 20:30 horas e do Baile de Nadal para Maiores, o sábado 28 de decembro ás 19:30 horas coa actuación do grupo Glamour. Ambos eventos terán lugar no centro cultural de Sigüeiro.

20 de decembro de 2013 | 17:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.