Sergas e Povisa asinan un acordo para o novo concerto
O Servizo Galego de Saúde vén de asinar un acordo co centro hospitalario Povisa que recolle a conformidade coa redacción dos pregos que rexerán o novo concerto. Trátase dun concerto de base capitativa, que establece unha cápita de 540 euros e que terá vixencia durante 8 anos, prorrogables por dous máis.
Comézase así o trámite administrativo necesario que culminará nun prazo de tres meses coa firma do concerto.
Este concerto garantirá a estabilidade do centro hospitalario Povisa e permitirá a libre elección para a súa poboación de referencia.











