publicidade hoxe

Santa María de Xeve acollerá un curso sobre turismo e patrimonio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O programa Ruralactivo, para a dinamización socioeconómica de Xeve convoca a un novo curso gratuíto que terá lugar os días 10 e 17 de decembro entre as 19.00 e as 21.00 horas no Centro Cultural de Santa María de Xeve:

• O día 10 de decembro terá lugar a sesión Situación actual e potencialidades do turismo no rural galego, impartida por Xulio Pardellas Blas, doutor en Economía e profesor do Departamento de Economía Aplicada na Universidade de Vigo, especializado en desenvolvemento local e na economía do turismo.

• O día 17 de decembro participarán A Casa de Ana (cociña tradicional e rehabilitación do patrimonio, en Salcedo), As Normas (hostel cultural e ecolóxico, de Gondomar) e Ventos (interpretación do patrimonio, de Poio)

Entregarase certificado de asistencia

As persoas interesadas en asistir ao curso deberán de inscribirse a través da web www.ruralactivo.com ou non teléfono 693/354/879. Ao término, entregaranse certificados de asistencia a quen participe nas dúas sesións. Ademais, habilitarase un servizo de transporte de balde desde Pontevedra a Santa María de Xeve se o solicitan un mínimo de 10 persoas.

A Escola de Coñecementos é o programa de formación do Ruralactivo, proxecto promovido polo concello de Pontevedra, que realizou xa outros encontros e cursos coa veciñanza de Santo André, Santa María de Xeve e Verducido desde comezos do ano 2013. O deseño desta ‘escola formativa’ realizouse a partir das conclusións extraídas na primera fase do Ruralactivo: os faladoiros, onde a xente analizou as parroquias, as súas potencialidades (como o patrimonio material, inmaterial e ambiental) e onde comezou a dar forma a posíbeis iniciativas de autoemprego.

9 de decembro de 2013 | 16:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.