Salceda de Caselas abre as portas dunha praza de abastos con nova imaxe en Nadal
A praza de Abastos de Salceda abre as portas aos veciños e veciñas dunha praza de abastos mellorada e cunha nova imaxe, a obra foi levada a través do Concello de Salceda de Caselas mediante a subvención da Consellería de Economía e Industria a Concellos de Galicia para revitalizar o comercio de proximidade e potenciar una rede galega de mercados de abastos. O orzamento da reforma ascende a 162.282,58 €, aportando a Consellaría o total de 113.435,52 €, e o Concello os 48.847,06 € restantes. O proxecto, denominado “Reforma da Praza de Abastos de Salceda de Caselas. Fase I: Mellora da Accesibilidade da Praza de Abastos e Equipamentos”, transformou a antiga praza de abastos nun edificio con maior atractivo tanto no interior como no exterior.
A clave da reforma é peatonalización da entrada á praza de abastos que favorece a acesibilidade e comodidade, tanto aos vendedores que sitúan os seus postos fóra da praza como para os clientes, así como a mellora de fluidez de tráfico coa incorporación do novo aparcamento. A humanización da zona de acceso á praza, permite recuperar este espazo e transformalo nun espazo de maior atractivo para os nosos veciños e veciñas así como para a persoas que cada vez visitan máis a nosa vila. No interior, as bancadas contan cunha cubrición de aceiro inox e fregadeiros en cada un dos postos destinados á venda do peixe, así como a reforma da instalación eléctrica que vai a permitir incrementar a eficiencia enerxética da Praza de Abastos. “Hai que apostar por seguir mantendo unha vila chea de vida. É a nosa labor apostar polo comercio local e pola mellora das infraestructuras e comodidade para as persoas.
Mellorar as instalacións do noso Concello non só permite ter unha mellora na presentación dos nosos productos, senón que permite atraer a moitas persoas para que se acheguen ao noso concello e poidan disfrutar del”. Loli Castiñeira, Concelleria de Comercio “convida a todas as persoas a participar nas compras dos diversos produtos que se ofertan na nosa vila, e a disfrutar do Programa Cultural que ofrece neste Nadal”. Marcos Besada, Alcalde de Salceda, “incide na importancia da transformación deste espazo, que permite que as persoas cómodamente poidan facer as súas compras. Estamos a traballar na adecuación de moitos espazos que convirten a nosa vila nun espazo con gran encanto paisaxístico, patrimonial e cultural. Somos unha pequena vila que ofrece grandes servizos”.











