publicidade hoxe

‘Ruta Atlética Solidaria’ en prol de Cruz Vermella Monterrei

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

O vindeiro 22 de decembro, o Concello de Verín, Asociación de Sendeirismo Ruta das Augas e Cruz Vermella Monterrei promoven a ‘Ruta Atlética Solidaria’ en prol desta entidade social, destinadas a recadar alimentos de primeira necesidade e artigos básicos infantís, que serán repartidos entres as persoas necesitadas da comarca.

 Trátase dunha iniciativa solidaria non deportiva-competitiva conformada por tres actividades: andaina, carreira infantil e carreira de adultos. A saída será ás 11.30 horas desde o Pavillón Municipal de Deportes (R/Irmáns Moreno s/n), e o percorrido terá unha extensión de 2.900 metros polas rúas e prazas de Verín. No caso da andaina e a carreira infantil, os/as participantes nas mesma só deberá realizar unha volta ao percorrido establecido pola organización, mentres que para a carreira de adultos será necesario efectuar, dúas veces, o percorrido fixado.

Para participar na ‘Ruta Atlética Solidaria’ é necesario formalizar inscrición previa (ata 15 minutos antes da saída) no propio pavillón municipal, e como donativo para devandita inscrición débese aportar un quilogramo de alimentos de longa duración (legumes, leite, pasta ou galletas) ou artigos básicos para bebés (leite, potitos, cueiros ou cremas entre outros), que serán distribuídos entre os/as veciños/as necesitados da bisbarra.

5 de decembro de 2013 | 18:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.