Roberto Rubal gaña o torneo de tenis de mesa de Xove
Onte, venres 27 de decembro, celebrouse na OMIX de Xove o xa tradicional TORNEO DE TENIS DE MESA DE NADAL. Unha aula da OMIX foi o lugar escollido para o desenvolvemento deste evento, no que participaron un total de 13 rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os 13 e os 17 anos. O gañador do mesmo foi Roberto Rubal, quedando Iván Silva subcampión. O Alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado pola Concelleira de Xuventude Ana Abad, realizaron a entrega de premios.
Esta actividade englóbase dentro do amplo programa de actividades que o Concello de Xove deseñou para este Nadal 2013-2014.