publicidade hoxe

Ribadumia tramita as inscricións para participar no programa de Termalismo Social

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

O Concello de Ribadumia, a través do departamento de Servizos Sociais, tramita as inscricións para participar nos programas de Termalismo Social, para persoas maiores de 60 anos e persoas con discapacidade, e no programa de Turismo e termalismo do Imserso, para persoas con discapacidade.

No primeiro caso, o solicitante poderá ir acompañado do seu cónxuxe ou da persoa con que conviva en relación de parella, para a que non se esixe obriga de percibir pensión da seguridade social. O prazo de presentación das solicitudes son ata o 16 de xaneiro, para as quendas dos meses de febreiro a agosto, e ata o 16 de maio para participar de setembro a decembro.

No programa programa de turismo e termalismo do imserso para persoas con discapacidade, as persoas beneficiarias deberán acreditar un grao de minusvalía física igual ou superior ao 50% e poderán levar acompañante aquelas persoas que utilicen cadeira de rodas.

As persoas interesadas deberán dirixirse ás oficinas municipais, onde se lles informará dos balnearios ofertados, do número de prazas dispoñibles e do prezo correspondente.

19 de decembro de 2013 | 16:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.