Ribadumia presenta o taller de animación á lectura no Auditorio Municipal
O Concello de Ribadumia finalizou o prazo de inscrición para participar nos talleres de animación á lectura que se van organizar na Biblioteca Municipal. 30 nenos do Concello de entre 3 e 10 anos, organizados en varios grupos segundo as súas idades, participará neste iniciativa.
Partindo da narración e interpretación de contos, desenvolveranse unha serie de actividades que xirarán en torno á temática tratada. Os talleres desenvolveranse os venres en horario de 17:30 a 18:30.
Este venres, para presentar a actividade, esta organizada unha xornada de lúdica aberta a tódolos nenos, nenas, pais e nais no Auditorio Municipal. O obxectivo dar a coñecer o programa entre a poboación de Ribadumia e espertar o pracer pola lectura; dar a coñecer os recursos que existen na biblioteca municipal e a toma de conciencia da importancia dos libros como fonte de entretemento e de información.