Ribadumia pon en marcha cursos de informática para nenos e adultos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

O Concello de Ribadumia porá en marcha en xaneiro cursos de informática destinados para nenos e adultos. Para os nenos de 6 a 14 anos dirixiranse as actividades formativas “Xogos interactivos e habilidade mental” “Paquete office” e “Mecanografía”, mentres que para maiores desta idade e adultos os cursos serán “Alfabetización Informática” “Taller de procura de emprego a través das redes sociais” e “como crear un curriculum atractivo usando a aplicación Adobe Photoshop”.

 O prazo de inscrición xa está aberto nas oficinas municipais ata o día 03 de xaneiro ou ata completar as prazas dispoñibles.

Os cursos comezan o día 14 de xaneiro e desenvolverase os martes, durante 1,5 horas, na aula de informática da Casa da Cultura de Ribadumia. O número máximo de participantes por grupo é quince, de acordo coa capacidade da aula de informática da Casa da Cultura de Ribadumia, que conta cunhas instalacións totalmente adaptadas, equipadas e cómodas para o desenvolvemento destas actividades.

Estes cursos de informática inclúense dentro do proxecto da concellería de Cultura de achegar as novas tecnoloxías a toda a poboación de Ribadumia. Segundo explica a edil, Susana Fandiño, “a informática é unha das ferramentas imprescindibles hoxe en día, independentemente da idade da persoa, e desde o Concello de Ribadumia queremos que os nosos nenos, mozos e maiores teñan acceso a eses coñecementos”.

13 de decembro de 2013 | 17:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.