Ribadumia organiza unha charla informativa sobre autoemprego no sector agrario

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

A Cámara Agraria Comarcal de Vilagarcía, Asesoría Rial & Hermo e o Técnico Municipal Carlos Urdampilleta serán os encargados de aclarar todas as dúbidas que poidan existir entre os asistentes para todo o que queira emprender dentro do sector agrícola.

A charla terá lugar na Casa da Cultura de Ribadumia, de 10:30 a 12:30 e con ela tratarase de dar resposta as numerosas consultas que xurdiron neste eido por parte dos veciños, que cada vez mais procuran neste sector unha saída o desemprego.

A entrada e libre e contará cunha quenda de rogos e preguntas no que aclarar calquera dúbida do sector agrario.

16 de decembro de 2013 | 18:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.