Ribadumia e o Club Xuventude de Baloncesto organizan o mini-campus de baloncesto “Nadal Basket”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesRibadumia
A-
A+

Esta actividade do Nadal está dirixida a nenos e nenas de entre 5 e 11 anos e levarase a cabo durante o 2 e 3 de xaneiro, , en horario de 10,00 horas a 13,00 horas van desenvolver nos próximos días un mini-campus de baloncesto “NADAL BASKET”, unha iniciativa coa que segundo explicou o Concelleiro de Deportes, Jorge Abal, preténdese complementar as actividades do Nadal, engadindo algo de actividade deportiva.

Trátase dunha especie de mini campus deportivo no que os máis novos poidan estar entretidos nas instalacións deportivas, deixando aos pais facer tarefas como encargar os agasallos dos reis meigos ou preparar as comidas do Nadal

O Concello de Ribadumia xa contaba con esta especialidade deportiva dentro das Escolas Deportivas Municipais.

Esta actividade do Nadal está dirixida a nenos e nenas de entre 5 e 11 anos e levarase a cabo o 2, 3 e 4 de xaneiro, en horario de 10,00 horas a 13,00 horas. O prezo da inscrición e de 12€, aínda que os alumnos da Escola de Baloncesto poderán formalizar a súa inscrición por só 10 euros, diñeiro que irá destinado ao pago de monitores.

En canto ás actividades que levarán a cabo, a adestradora Iria Romarís, sinalou que aínda que está encamiñada ao baloncesto haberá outras actividades lúdicas similares ás que se realizan no campus de verán, polo que poden acudir nenos con ou sen experiencia deportiva en Baloncesto.

Os interesados en participar poden inscribirse no Concello de Ribadumia de 08:00h a 14:00h, no correo electrónico concello.ribadumia@eidolocal.es ou no teléfono: 658 519 244 .

27 de decembro de 2013 | 13:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.