publicidade hoxe

Ribadumia colabora coa Fundación Amigos de Galicia para que ningún neno quede sen xoguetes no Nadal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

O Concello de Ribadumia e a Asociación Amigos de Galicia organizan un ano mais a  campaña de recollida solidaria de xoguetes, para o seu reparto entre os nenos en familias sen recursos.

A iniciativa en marcha dende principios de decembro e permanecerá en funcionamento ata finais de mes.  Os xoguetes que se entreguen teñen que ser novos ou usados pero sempre que estes últimos estean en perfecto estado para a súa doazón

 Os xoguetes entregados repartiranse entre nenos de familias necesitadas que están a pasar apuros económicos na actualidade e que non teñen recursos para adquirir eses produtos agora que se achega a época do Nadal. Deste xeito tódolos nenos poderán recibir un agasallo nestas datas.

Os veciños interesados en doar algún xoguete poden facelo no departamento de servizos sociais do Concello de Ribadumia. Desde a administración e o colectivo solidario convidan a todos os veciños a doar.

15 de decembro de 2013 | 19:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.