Rey Varela recibe á directiva da nova asociación de Enxería Naval e Oceánica de Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal Portada
A-
A+
Rey Varela na reunión coa directiva

Rey Varela na reunión coa directiva

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, recibiu na xornada de onte pola tarde a membros da Asociación de Enxeñería Naval e Oceánica de Galicia (Enoga). O decano territorial do Colexio de Enxeñeiros Navais, Luís Carral Couce, participou nesta reunión que serviu de presentación desta entidade de recente creación.

Os responsables de Enoga explicaron a Rey Varela as actividades que fomentarán desde esta asociación. Entre outras: a promoción e divulgación do traballo científico e investigador no ámbito da enxeñería naval e oceánica; servir como centro técnico profesional de asesoramento e consulta; fomentar a construción, reparación, transformación e reciclaxe de buques, equipos industriais e artefactos mariños e organizar congresos e xornadas.

A xunta xestora de Enoga, con inscrición no rexistro xeral da Xunta de Galicia con data de 22 de xullo de 2013, está formada polas seguintes persoas: José Ángel Fraguela Formoso, como presidente; Jose Antonio Fariña Eiroa, como vicepresidente; Óscar Manuel Bejarano Barro, en calidade de secretario-tesourero; e Pedro García Navarro e Vicente Díaz Casas, como vogais.

11 de decembro de 2013 | 12:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.