Rey Varela entrega os diplomas aos maiores participantes nos obradoiros de memoria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+
Entrega de diplomas

Entrega de diplomas

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, e a concelleira de Benestar Social, Rosa Martínez Beceiro, clausuraron este mediodía a segunda edición do obradoiros de memoria dentro da iniciativa “Reverdecendo a Memoria”, que forma parte do Programa Municipal de Envellecemento Activo posto en marcha ao abeiro do Plan de Oportunidades. O acto consistiu na entrega de diplomas ás 88 persoas que participaron nesta a actividade, que se desenvolveu en once sesións celebradas entre os meses de setembro de decembro nos locais veciñais de O Pilar-Recimil, Ensanche A, Ferrol Vello, Valón e San Xoán-Filgueira.

Jose Manuel Rey Varela felicitou aos veciños/as por participar nestes obradoiros que teñen como finalidade introducir a estimulación cognitiva dentro dos  hábitos de saúde, como unha das claves prioritarias de envellecemento activo, ademais de dar un servizo integrador e innovador a todas aquelas persoas interesadas en gozar dun envellecemento físico, social e mental saudable. O primeiro edil da cidade tamén tivo palabras de agradecemento para as entidades veciñais que solicitaron e acolleron estes obradoiros de memoria.

Pola súa banda, a titular de Benestar Social detallou máis polo miúdo os obxectivos destes obradoiros: estimular os distintos procesos cognitivos para previr posibles deficiencias ou enfermidades relacionadas coa perda de memoria ás persoas maiores de 65 anos; buscar a motivación, socialización, dinamización e participación da xente maior, aumentando a rede de amizades e dinamizando a súa vida cultural e social; recuperar a través de distintas dinámicas vivezas, experiencias e lembranzas; e mellorar a autoestima. Así mesmo, Martínez Beceiro sinalou que estes obradoiros de Memoria –iniciados o pasado 2012 en Esteiro, Canido, A Graña, Caranza e A Magdalena- terán continuidade en 2014 noutros barrios e parroquias de Ferrol.

Por último, e no que atinxe ao perfil dos participantes, a maior parte foron mulleres cunha media de idade de 73 anos.

23 de decembro de 2013 | 18:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.