Resultados dos partidos da fin de semana do Santiago Futsal e categorías inferiores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

O equipo filial ha vencido 0-5 na súa visita o Bueu FS nun dos partidos máis completos da tempada. O partido comezou cun gol aos dous minutos de Dani tras un roubo de Santi e Tallón marcou o segundo ao catro minutos nunha xogada de estratexia de banda. Aos 5 minutos, o filial xa acumulaba 5 faltas, polo que tivo que baixar a defensa, conseguindo facer dano en transición, aínda que o rival apenas xerou perigo.

Na segunda parte, o filial volveu subir a defensa e aos dous minutos Xullo marcou o 0-3. Gianzo materializou o cuarto tras unha superioridade pola expulsión dun rival. A 12 minutos do final, Bueu atacou con porteiro-xogador, defendendo moi ben os de Adri Martiño, que sentenciaron o partido co quinto gol obra de Gabi.

Pola súa banda, o equipo Xuvenil Nacional venceu 8-1 ao Noia FS, mentres que o Cadete Autonómico logrou outra vitoria por 1-2 ante o Bueu e o Infantil Autonómico perdeu 6-1 ante Vos Meigallos FS.

O equipo feminino Santiago Futsal A Gaiola FS A non xogou este fin de semana, mentres que o B perdeu 4-0 ante Don Froitos nun partido marcado polos dous primeiros goles encaixados nos primeiros 5 minutos que fixeron ir ás mozas a remolque. Mellorouse en intensidade e a nivel físico, pero continúa a falta de fortuna de face a gol.

1ª División (13ª Xornada)

Peñíscola Adegas Dunviro 1-1 Santiago Futsal

3ª División (10ª Xornada)

ADFS Bueu 0-5 Santiago Futsal B

Liga Xuvenil Nacional (9ª Xornada)

Santiago Futsal Juv Nacional 8-1 Noia FS

Liga Cadete Autonómica (9ª Xornada)

ADFS Bueu 1-2 Santiago Futsal Cadete Autonómico

Liga Infantil Autonómica (9ª Xornada)

Vos Meigallos FS 6-1 Santiago Futsal Infantil Autonómico

Liga Cadete Local

Santiago Futsal IES Fontiñas Cadete B 1-1 Noia FS

Liga Infantil Local

Santiago Futsal IES Fontiñas Infantil B 4-0 Noia FS

2 de decembro de 2013 | 18:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.