publicidade hoxe

Resultados do II Concurso de Karaoke de Xove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+
III Concurso de Karaoke en Xove

III Concurso de Karaoke en Xove

Celebrado este pasado sábado 28 de decembro nun Pavillón Municipal de Deportes ateigado de xente, decir que constituiu todo un éxito, tanto de participación e calidade musical, coma de público.

O Xurado  desta IIIª edición estivo formado por: Xulia Nogueira, Directora da Escola Municipal de Música de Xove;  Javier Arca de ACIAM Xove e cunha longa tradición como gaiteiro dentro da Asociación Saiñas; e Eduardo Rodríguez, tamén de ACIAM Xove e persoa moi vinculada á musica dende hai moitos anos. A relación de gañadores, segundo categorías, foi a seguinte:

Categoría “PEQUES” (ata 12 anos):

1º Premio  “Mellor Voz”: BRAIS BAMAYOR RODRÍGUEZ coa canción “Dime que me quieres” do grupo Tequila. Premio de 40 €uros.

2º Premio  “Mellor Voz”: IAGO RIVAS BALSA co villancico popular “Los peces en el rio”. Premio de 40 €uros.

Premio a  “Mellor Caracterización”: LARA RODRÍGUEZ BAÑO, TANIA FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ E BEATRIZ EIJO GÓMEZ coa canción de Marisol “LaTómbola”. Premio de 40 €uros.

Categoría “IUNIOR” (DE 12 ata 18 anos):

1º Premio “Mellor Voz”: NEREA RIVAS BALSA coa canción “Cómo hablar” de Amaral. Premio de 70 €uros.

2º Premio “Mellor Voz”: MARGARITA PARAPAR FERNÁNDEZ coa canción de La Oreja de Van Gogh “La Playa”. Premio de 70 €uros.

Premio a  “Mellor Caracterización”: AHINOA ECHEVARRÍA OLIVER coa canción “Chas! Y aparezco a tu lado” de Alex y Cristina. Premio de 70 €uros.

Categoría “VETERANOS” (maiores de 18 anos):

1º Premio  “Mellor Voz”: MARIA DEL CARMEN LÓPEZ VIDAL coa canción “Mujer contra mujer” do grupo Mecano. Premio de 130 €uros.

2º Premio  “Mellor Voz”: MARIBEL PERNAS FRA coa canción “Veneno” de Isabel Pantoja.  Premio de 130 €uros.

Premio a “Mellor Caracterización”: BRENDA SUÁREZ AZOGUE coa canción de Mecano “Hijos de la luna”. Premio de 130 €uros.

A gala foi presentada por Vanesa Míguez e Rubén Pico, os cales conduciron magníficamente este espectáculo por terceiro ano consecutivo.

Rematado a fase de Concurso, e mentras o Xurado deliveraba, houbo diversas intervencións musicais, previas á entrega de premios.

A entrega de premios foi presidida polo Alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado pola Concelleira de Cultura Dolores Meitín e outras autoridades.

30 de decembro de 2013 | 18:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.