Resultados das categorías inferiores do Azkar Lugo e vindeira xornada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

Porto, autor de sete goles, foi clave nunha nova vitoria do Azkar Lugo xuvenil (8-5) que o pasado domingo venceu ao IES Coruxo e mantén aos lucenses líderes da liga nacional. Un partido tolo, no seu inicio, cun Azkar mandando aos dous minutos e que vía como no minuto 10 os visitantes mandaban 3-4.Pero Porto encargouse de poñer aos seus por diante antes do descanso co 6-4.

No segundo periodo o Azkar transmitiu unha sensible melloría en defensa e iso foi clave para levarse a vitoria xa que cos vigueses atacando con porteiro-xogador cando aínda faltaban 12 minutos para o final, o Azkar non permitiu ao IES Coruxo reducir diferenzas e a catro minutos para o final Porto, redondeando unha tarde excelente, anotaba o 8-5 definitivo.

Ficha técnica:
Azkar Lugo 8: Alexandre, Costoya, Álvaro, Porto e Koke, -cinco inicial-, Brais, Álex, Simao, Rubén, Chuki e Yago Balsa.
IES Coruxo 5: Ramón, Diego, Pablo, Jeremy e Javier, -cinco inicial-, Gonzalo, Carlos, Juan e Samuel.
Árbitros: Franco Veiga e Castro Bermúdez (Lugo).
Incidencias: 9ª xornada da liga nacional xuvenil. Palacio Municipal dos Deportes de Lugo.
Goles: 1-0 min. 1 Porto, 2-0 min. 2 Porto, 2-1 min. 3 Diego, 2-2 min. 4 Juan, 3-2 min. 6 Porto, 3-3 min. 8 Jeremy, 3-4 min. 10 Jeremy, 4-4 min. 18 Porto, 5-4 min. 19 Porto, 6-4 min. 20 Porto, 7-4 min. 23 Costoya, 7-5 min. 33 Javier López e 8-5 min. 36 Porto.

O xuvenil xoga este venres desde as 12:30 horas no Pavillón Vista Alegre ante o Burela FS o partido que fora aprazado na 5ª xornada.

O cadete salvou un empate no último minuto
O Azkar Lugo cadete salvou un empate in extremis o pasado domingo ante o Colegio Liceo (3-3) que lle mantén na segunda posición a un punto do Maren O Parrulo. Os lucenses empezaron ben ante o Liceo, pero as súas numerosas ocasións non se traduciron en gol o que propiciou ao descanso un 1-1 no luminoso. No segundo tempo os coruñeses empezaron mellor e ampliaron a 1-3 o que puxo ao Azkar en dificultades, pero os azuis acabaron reaccionando e no tramo final conseguirían o empate.

Ficha técnica:
Azkar Lugo 3: Esmorís, David, Roi, Marcio e Adri, -cinco inicial-, Cley, Pablo, Marcos, Yago, Jesús e Carlos.
Colegio Liceo 3: Miguel, Jaime, Martín, Pablo e Jose, -cinco inicial-, Adrián, Roberto, Anxo e Javier.
Árbitro: Benigno Silvarrey (Lugo).
Incidencias: 9ª xornada da liga autonómica cadete. Centro Deportivo Terra.
Goles: 1-0 min. 14 David, 1-1 min. 11 Jose, 1-2 min. 29 Pablo, 1-3 min. 34 Roberto, 2-3 min. 42 David e 3-3 min. 49 Marcio.

O Azkar Lugo cadete xoga este sábado no Pavillón Los Rosales ante o Hércules FS a partir das 20:00 horas.

O infantil perdeu o seu primeiro partido
O Azkar Lugo infantil A non puido sacar nada positivo ante o Colegio Liceo (3-4) equipo o coruñés que tras vencer aos lucenses colócase líder. Tras unha primeira parte con dominio alterno ao descanso chegaríase con 2-2 no marcador e no segundo periodo o Liceo poñeríase por diante cunha diferenza de dous goles que obrigou a reaccionar aos lucenses que apostaron polo porteiro-xogador, colocando a cinco minutos da conclusión o 3-4 no luminoso, gozando de claras ocasións que non atoparon o premio do gol.

Ficha técnica:
    Azkar Lugo 3: Vila, Brais, Borja, Jacobo e Bruno, -cinco inicial-, Luís, David, Pablo e Noel.
    Colegio Liceo 4: Daniel, Manuel, Diego, Álvaro e Jorge, -cinco inicial-, Brais, Pablo, Jose e Otero.
    Árbitro: Benigno Silvarrey (Lugo).
    Incidencias: 9ª xornada da liga autonómica infantil. Centro Deportivo Terra.
    Goles: 0-1 min. 2 Diego, 1-1 min. 7 David, 1-2 min. 10 Diego, 2-2 min. 22 David, 2-3 min. 33 Manuel, 2-4 min. 40 Diego e 3-4 min. 45 Brais.

Resto de resultados:
    Azkar Prone prebenxamín 3 – Residencia D 5
    Azkar Fundación prebenxamín 5 – CP Casás 0
    Azkar Prone benxamín 9 – Gándaras 4
    Azkar Fundación benxamín 10 – A Ponte 1
    Azkar Prone alevín 8 – C. Milagrosa 3
    Azkar Fundación alevín 2 – CP Casás A 3
    Azkar Lugo infantil B 5 – Adarve 6

4 de decembro de 2013 | 13:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.