Resultados das categorías inferiores do Azkar Lugo e vindeira xornada
O Azkar Lugo xuvenil sumou a súa primeira derrota da tempada tras caer ante o Burela FS por 3 goles a 2. Nunha primeira parte moi igualada, con moitas imprecisións e erros quizais provocados polo que se xogaban ambos equipos, primeiro se adelantaría o Azkar pero aos poucos minutos igualaban os mariñanos, resultado co que se chegaba ao descanso nuns pirmeros vinte minutos nos que aos capitalinos custáballes crear perigo e todos os seus disparos exteriores non atopaban o gol.
O segundo periodo comezou do peor xeito xa que o Azkar encaixaba ao primeiro minuto da reanudación (2-1) e pese a unha inferioridade posterior dos azuis por expulsión de Álvaro, o Azkar defendía a inferioridade sen encaixar e posteriormente era capaz de empatar o choque. Nin un minuto logo da igualada o Azkar volvía encaixar (3-2) e con porteiro-xogador xa desde que faltaban cinco minutos para o final, os pronistas non lograron crear demasiado perigo polo que a vitoria quedábase en terras mariñanas.
Ficha técnica:
Burela FS 3: Eric, Rubén, Marcos, Jorge e Renato, -cinco inicial-, Cristian, Adrián Sanjurjo, Isaac, Borja, Adrián, Miguel e Francisco.
Azkar Lugo 2: Nacho, Costoya, Rubén Mouriz, Porto e Álvaro, -cinco inicial-, Koke, Álex, Brais, Areñas, Asier e Yago Balsa.
Árbitros: Rivas Fouz e Naray Álvarez (Viveiro).
Incidencias: partido aprazado da 5ª xornada da liga nacional xuvenil. Pavillón Vista Alegre.
Goles: 0-1 min. 3 Rubén Mouriz, 1-1 min. 6 Álex (propia porta), 2-1 min. 21 Adrián Sanjurjo, 2-2 min. 32 Brais e 3-2 min. 33 Adrián.
O Azkar Lugo xuvenil xoga o domingo ás 12:30 horas ante o Noia FS no Palacio Municipal dos Deportes de Lugo.
O cadete recuperou o liderato
O Azkar Lugo cadete recuperou este pasado fin de semana o liderato da liga autonómica tras vencer ao Hércules (2-5). Os primeiros 25 minutos dos lucenses non foron do todo bos, pero chegaban con vantaxe ao descanso e no segundo periodo os lucenses controlaron mellor o choque aumentando a vantaxe rápidamente, aínda que os coruñeses dábanlle emoción ao choque ao anotar o 2-3 no minuto 38. Co partido sen pechar o Azkar loitou porque non se lle escapase punto algún nos minutos decisivos e na recta final aseguraba a vitoria con dous goles para establecer o 2-5 definitivo.
Ficha técnica:
Hércules 2: Martín, Javier, Tomás, Álex e Anxo, -cinco inicial-, Anxo e Diego.
Azkar Lugo 5: Carlos, Yago, Marcio, David e Pablo, -cinco inicial-, Cley, Roi, Adri, Jesús, Pedro e Marcos.
Árbitro: Fernández Fiuza (A Coruña).
Incidencias: 10ª xornada da liga autonómica cadete. Pavillón Los Rosales.
Goles: 0-1 min. 12 Cley, 1-1 min. 23 Anxo, 1-2 min. 25 Marcio, 1-3 min. 29 Cley, 2-3 min. 38 Tomás, 2-4 min. 48 Adri e 2-5 min. 50 Cley.
O Azkar Lugo cadete xoga este sábado desde as 16:00 horas no Pavillón A Granxa ante o EDC Verín.
Próximos partidos
Sábado 14:
Centro Deportivo Terra:
09:00 horas: Azkar Prone prebenxamín – Escolas Lucenses
09:50 horas: Azkar Fundación prebenxamín – Residencia C
Polideportivo A Piringalla:
09:00 horas: Azkar Prone benxamín – Maristas
10:30 horas: Azkar Fundación alevín – Triscos
Polideportivo O Palomar:
19:00 horas: Azkar Lugo infantil B – Divina Pastora
Domingo 15:
Centro Deportivo Terra:
16:00 horas: Azkar Prone alevín – Albeiros
Martes 17:
Polideportivo O Palomar:
18:00 horas: Psicomotricidade 1 – Residencia
Mércores 18:
Polideportivo O Palomar:
18:00 horas: Psicomotricidade 2 – Residencia
Venres 20:
Centro Deportivo Terra:
17:00 horas: Psicomotricidade 1 – Residencia
18:00 horas: Psicomotricidade 2 – Residencia











