publicidade hoxe

Resultados das categorías inferiores do Azkar Lugo e próxima xornada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

O Azkar Lugo xuvenil continúa como líder da liga nacional trala súa vitoria do pasado domingo en Noia (1-4). Os lucenses, tras un primeiro tempo no que se chegaba ao descanso con empate pese ás súas numerosas ocasións, no segundo acto sufriron quizais máis do esperado para poñer o partido do seu lado xa que ata o minuto 33 non lograría poñerse por diante. Entón ao Noia, pechado durante todo o partido na súa cancha, tocoulle arriscar e aí os azuis acabaron por asegurar a súa vitoria.

Ficha técnica:
Noia 1: Hugo, Christian, Manuel, Rubén e Óscar, -cinco inicial-, Darío, Pablo, Álex e Pablo Domínguez.
Azkar Lugo 4: Alexandre, Areñas, Costoya, Porto e Álex, -cinco inicial-, Koke, Brais, Rubén, Pablo e Nacho.
Árbitros: Presedo García e Varela Señaris (Santiago).
Incidencias: 10ª xornada da liga nacional xuvenil. Pavillón Municipal de Noia.
Goles: 0-1 min. 3 Costoya, 1-1 min. 3 Rubén, 1-2 min. 33 Areñas, 1-3 min. 36 Porto e 1-4 min. 38 Álex.

Derrota do cadete en Verín
O Azkar Lugo cadete sumou a súa primeira derrota da tempada e fíxoo o pasado fin de semana na cancha do EDC Verín. Nun partido moi igualado na súa primeira metade, os ourensáns mandaban pola mínima ao intermedio. No segundo tempo os locais saíron máis enchufados que os pronistas e iso serviulles para ampliar a diferenza, reducida rápidamente polos azuis, pero co paso dos minutos o Azkar non lograba empatar, apostou polo porteiro-xogador, e unha perdida transformábase no 4-2 e pouco despois chegaría o definitivo 5-2.

Ficha técnica:
EDC Verín 5: Hugo, Iago, Javier, José Luís e José Carlos, -cinco inicial-, Miguel, Avelino e Brais.
Azkar Lugo 2: Esmorís, Cley, David, Marcio e Pablo, -cinco inicial-, Adri, Jesús, Pedro, Marcos, Yago, Roi e Carlos.
Árbitro: Nieto Iglesias (Orense).
Incidencias: 11ª xornada da liga autonómica cadete. Pavillón A Granxa.
Goles: 1-0 min. 4 José Carlos, 1-1 min. 4 Marcio, 2-1 min. 13 Javier, 3-1 min. 27 José Luís, 3-2 min. 28 Pablo, 4-2 min. 47 Miguel e 5-2 min. 49 Miguel.

O Azkar Lugo cadete recibe este domingo desde as 12:00 horas no Centro Deportivo Terra ao Bueu.

Resto de resultados
Azkar Prone prebenxamín 4 – Escolas Lucenses 4
Azkar Fundación prebenxamín 4 – Residencia C 4
Azkar Prone benxamín 0 – Maristas 3  Azkar Fundación alevín 5 – Triscos 0
Azkar Prone alevín 7 – Albeiros 0
Azkar Lugo infantil B 3 – Divina Pastora 5

Próxima xornada:

Sábado 21/12:

Centro Deportivo Terra:
09:50 horas: Azkar Prone prebenxamín – Residencia A  12:20 horas: Azkar Fundación prebenxamín – Polvorín
18:00 horas: Azkar Lugo infantil A – Os meigallos

Polideportivo A Piringalla:
12:20 horas: Rosalía – Azkar Fundación benxamín

18 de decembro de 2013 | 13:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.