Restauración integral do viario dende a Igrexa á estrada xeral de Ourense en Bora
O concelleiro delegado da parroquia de Bora, Miguel Filgueira visitou esta mañá os traballos de restauración integral do firme duns viais principais da parroquia de Bora: o que une o lugar da Igrexa coa estrada xeral de Ourense. Trátanse duns 800 metros no que o Concello realizou a urbanización da estrada coa recollida de pluviais e está na parte final da obra coa pavimentación da rúa. O investimento neste viario aproxímase aos 200.000 euros.











