Resolución da Xunta de Goberno Local de Pontevedra de condena ao asasinato machista de Marín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A Xunta de Goberno Local do Concello de Pontevedra quere manifestar a súa condena á morte da veciña de Marín vítima da violencia machista, así como o apoio a súa familia e amizades nun momento de tanta dor. A violencia machista é a mostra máis brutal da desigualdade social, e precisamos do compromiso de todas as administracións, de todas as institucións e de toda á cidadanía para deter esta sangría que nos abafa.

A loita contra a violencia machista debe ser un asunto político principal por parte de todas as administracións competentes, sobre todo no ámbito xudicial e educativo, para previr condutas violentas futuras e atallar contundentemente as que se están a producir. Ante a última morte deste ano 2013, a Xunta de Goberno Local do Concello de Pontevedra expresa a súa condena e fai un chamamento a toda a sociedade para denunciar aqueles casos que nos rodean así como apoiar ás vítimas e as súas fillas e fillos, sen ambaxes á fin de evitar máis mortes e sufrimento.

30 de decembro de 2013 | 18:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.