Renovación do firme dos camiños de Galáns, Renza e Rúa do Xogo-Faxilde

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

O Concello adxudicou á empresa CCS os traballos de mellora do firme dos camiños de Galáns, Renza e Rúa do Xogo-Faxilde. A actuación finánciase a través do programa FEADER convocado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural para os anos 2013-2014. O presuposto da actuación ascende a 45.201 euros.

A Concellería de Urbanismo e Obras propuxo incluír estes tres camiños no programa de Mellora de Camiños de titularidade municipal convocado pola administración autonómica a través da Agader despois de estudar as necesidades existentes en materia de infraestruturas rurais e de priorizar as actuacións a levar a cabo. O acondicionamento destes tres camiños enmarcouse na liña do programa relativo á mellora de accesos. Os traballos a levar a cabo consistirán na limpeza de cunetas, varrido da superficie e pavimentación co aglomerado asfáltico en quente.

9 de decembro de 2013 | 16:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.