Renovación das tarxetas de estacionamento por razón de municipio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

Entre o 2 e o 31 de xaneiro de 2014 todas aquelas persoas que teñan unha tarxeta de estacionamento por razón de municipio deberán pasar pola empresa Setex Aparki (avenida de Lugo, 4, en horario de luns a venres de 10 a 14 horas e de 16.30 a 20.30 h; e sábado de 10 a 14 h) para aboar a taxa de 50 euros correspondente ao ano 2014.

De non facer o abono no prazo establecido a tarxeta será anulada. Non se require ningunha nova documentación, xa que a administración comprobará de oficio que as persoas sigan cumprindo os requisitos esixidos na Ordenanza. Será necesario levar o DNI ou fotocopia do propietario do vehículo.

19 de decembro de 2013 | 10:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.