publicidade hoxe

Rematan os traballos do cambio das portas da Praza de Abastos de Gondomar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+

A Praza de Abastos de Gondomar xa loce novas portas. A actuación, na que se investiron 20.000 euros, foi posible grazas a unha subvención concedida pola Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia. Da contía, a Administración Autonómica financiou o 80%, mentres que o 20% restante correu a cargo do Concello.

Do mesmo modo, Juan Carlos González, concelleiro delgado de Mercados e Praza de Abastos, informa de que nestes días se está a levar a cabo a limpeza e o pintado das fachadas da Praza.

Con estas actuacións o Concello de Gondomar continúa apoiando a actividade do mercado e aposta por manter as instalacións municipais nun óptimo estado de mantemento favorecendo, así, ao funcionamento destas. Proba diso son as numerosas melloras que se levaron a cabo no edificio, algunhas delas demandadas polos propios praceiros/as.

Entre estas destacan: a reparación integral da instalación de fontanaría do Mercado na que se investiron 9.000 euros dos fondos municipais e a canalización dos desaugadoiros das cámaras frigoríficas levada a cabo por empregados municipais. Ademais destas actuacións aprobouse a ordenanza reguladora do Mercado Municipal e finalmente substituíronse as portas da Praza.

18 de decembro de 2013 | 13:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.