publicidade hoxe

Remata a substitución das luminarias por leds en Ponte Sampaio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O Concello de Pontevedra está a rematar os traballos de substitución das luminarias dos principais viais urbanos do núcleo de Ponte Sampaio, e tamén do lugar recreativo da Xunqueira. Trátase dun investimento de 150.000 euros (compartido coa substitución das luminarias do barrio da Seca) dentro dun proxecto de eficiencia enerxética e mellora da calidade lumínica do concello, que comezou logo do verán no barrio de Monte Porreiro, e continuouse por A Seca e Ponte Sampaio. Até agora o investimento total xa se achega aos 300.000 euros. Este proxecto de susbstitución das luminarias de sodio por leds supoñen un aforro do 80% do gasto eléctrico da iluminación pública, alí onde se instalalan. De feito, a previsión do Concello é ir substituíndo as luminarias actuais por leds, de xeito progresivo dado que se trata dunha tecnoloxía cara.

13 de decembro de 2013 | 17:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.