publicidade hoxe

Reestructuración no corpo técnico do filial do Azkar Lugo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

A pasada semana o club levou a cabo unha reestructuración dentro do corpo técnico do seu equipo filial, o Azkar Lugo B, e así un dos seus adestradores, Gonzalo Iglesias “Morenín”, deixou de pertencer ao mesmo e pasou a desenvolver outras funcións dentro da entidade. Así o técnico ourensán incorpórase á Escola de fútbol sala Terra como adestrador en diferentes equipos e ademais adhírese ao proxecto de Investigación e Desenvolvemento do fútbol sala que o club está realizando a través da plataforma Sportges e as Bibliotecas de formación e coñecemento do fútbol sala.

Tras esta reestructuración, o corpo técnico do equipo filial seguirá sendo dirixido por Manuel Vázquez que agora terá o apoio doutro técnico da Escola Terra como é Félix Julio, continuando así coa filosofía de promoción interna dos técnicos da entidade.

19 de decembro de 2013 | 12:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.