Recepción oficial ás seleccións femininas antes do Campionato de España que se celebra o 21 e 22 de decembro
A primeira fase do Campionato de España de Seleccións Territoriais Femininas Sub 16 e Sub 18 dará mañá o pistoletazo de saída, cos actos protocolarios dun evento deportivo que se desenvolverá o fin de semana (21 e 22 de decembro), sábado e domingo, nos campos municipais Víctor Fernández Alonso (Leyma) e Arsenio Igrexas Pardo (Grela II ). O campionato feminino está organizado pola Asociación de Fútbol Afeccionado da Coruña (A.F.A.C.) conxuntamente coa Federación Galega de Fútbol (F.G.F.) e Real Federación Española de Fútbol (R.F.E.F.).
As seleccións participantes (Madrid, Illas Baleares, Rioxa e Galicia) que chegarán ao longo do día de mañá terán o seu primeiro acto en María Pita ás 20.30 horas, coa Recepción Oficial no Concello da Coruña por parte do Concelleiro de Deportes D. Francisco Mourelo, o presidente da AFAC D. Manuel Vázquez e o presidente da FGF José García Liñares. Tras a benvida a todas as seleccións, regresarán ao Hotel Attica 21 para repor forzas de face á competición que arrincará o sábado pola mañá.











