publicidade hoxe

Proxecto de intervención comunitaria no Centro de Día de Boiro “Recicla e crea coas mans”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiro
A-
A+

O Centro de Día é un servizo xerontolóxico e de apoio ás familias, que durante o día presta atención terapéutica integral e plural ás persoas maiores con dependencia ou en grave risco de padecela, promovendo a súa autonomía persoal, a actividade relacional e a permanencia no entorno habitual. Ademais, constitúe un punto de referencia para a comunidade en canto á intervención con persoas maiores e as súas familias. Dada a importancia e o compromiso dos profesionais que traballamos diariamente coas persoas maiores en canto a un envellecemento activo e saudable, consideramos que a nosa presenza no seo da comunidade é beneficiosa para concienciar á poboación sobre isto.

A proposta do Centro de Día é ofrecer actividades de ocio e tempo libre para as persoas maiores da comunidade, co fin de actuar noutros emprazamentos diferentes ao centro e posibilitar que ditos maiores accedan a alternativas adaptadas ás súas capacidades. Para o período de outubro de 2013 a xuño de 2014, o equipo terapéutico do Centro de Día de Boiro, en colaboración co Concello de Boiro, vai a desenvolver un proxecto de intervención comunitaria denominado “O Centro de Día con vós” no Centro Social de Cabo de Cruz, dirixido a persoas maiores do Concello de Boiro, que contén tres accións independentes: “Recicla e crea coas mans”: outubro – decembro de 2013. Realizarase os xoves, en horario de 10:30 – 12:00 h. “Mima o teu corpo”: xaneiro – marzo de 2014.

Realizarase os xoves, en horario de 10:30 – 11:30 h. “Rite e exprésate”: abril – xuño de 2014. Realizarase os luns, en horario de 10:30 – 11:30 h. Na primeira acción a poñer en marcha, “Recicla e crea coas mans”, proporcionáronse coñecementos básicos sobre reciclaxe de diferentes elementos e técnicas de reciclado para crear elementos de decoración. No día de hoxe finalizou esta actividade e fíxose a entrega de diplomas por parte da Concelleira de Servizos Sociais do Concello de Boiro, Beatriz Deus, e as responsables do proxecto, Diana Pego e Rebeca Ríos, profesionais do Centro de Día de Boiro. As persoas participantes na actividade manifestaron a súa satisfacción coa mesma e a intención de continuar participando nas demais accións contidas no proxecto, todas elas impartidas por profesionais do Centro de Día de Boiro e de carácter gratuíto.

20 de decembro de 2013 | 11:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.