Prosegue a busca de Miguel González Cabaleiro, desaparecido en Vigo o pasado o venres

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSucesosVigo
A-
A+

Continúa este martes a busca do mozo de 24 anos Miguel González Cabaleiro, que padece problemas psicolóxicos e desapareceu o pasado venres en Vigo.

O mozo saíu da súa casa no barrio vigués do Calvario ás 16,00 horas do venres sen documentación, nin móbil nin abrigo e desapareceu na rúa Faisán, na cidade olívica. Mide 1,70 metros e a última vez que se lle viu vestía unha camiseta de manga curta de cor branca, pantalón gris e zapatillas brancas.

Os pais do mozo presentaron denuncia pola súa desaparición o venres e piden colaboración cidadá para atopar a Miguel dado que “é unha persoa indefensa”, que está en tratamento psiquiátrico.

Pola súa banda, nas redes sociais abríronse perfís oficiais para dar conta das informacións máis inmediatas e tamén para recibir calquera dato ao respecto do seu paradoiro. En Facebook, a páxina é ‘Buscando a Miguel González Cabaleiro’ e en Twitter @Buscandomiguel.

Ademais, dende o domingo o ámbito de busca do mozo ampliouse ás cidades de Pontevedra, Santiago e Lugo. Achegados ao mozo piden que se alguén ten algunha pista ou o viu chamen aos números de teléfono: 639.310.732 ó 648.214.724.

3 de decembro de 2013 | 16:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.