Programación de Nadal en Ares
O Concello de Ares presenta unha programación de Nadal cargada de actividades para grandes e pequenos que abrangue preto dun mes de actividades.
MÉRCORES 4 E XOVES 5 DE DECEMBRO:
“Obradoiro de decoración da biblioteca”.
Dende as 17:00 ás 19:00 horas na Biblioteca Municipal. Actividade pensada en tódolos membros da familia.
MERCORES 11 DE DECEMBRO
“ Obradoiro de Postais de Nadal”.
Dende as 17:00 ás 19:00 horas na Biblioteca Municipal. Actividade pensada en tódolos membros da familia.
VENRES 13 DE DECEMBRO:
Obradoiro de adornos navideños caseiros: Dende as 17:00 ás 19:00 horas na Biblioteca Municipal. Actividade pensada en tódolos membros da familia.
Obradoiro de customización de roupa: Dende as 19:00 ás 22:00 horas na OMIX (Biblioteca Municipal) dirixido á xente de 12 anos en diante. Custo:3€
MÉRCORES, 18 DE DECEMBRO:
Obradoiro de ”Cociña sen lume”: Dende as 16:30 ás 18:00 horas(nen@s de 3 a 6 anos). Dende as 18:30 ás 20:00h (nen@s de 7 anos en diante) na Biblioteca Municipal. Actividade pensada en tódolos membros da familia.
XOVES, 19 DE DECEMBRO:
“ III Maratón Solidario, X Carreira Quilómetros de solidariedade”. Saída dende o centro escolar” Conde de Fenosa”ás 10:30 h. discorrendo polas rúas do pobo para voltar ao colexio.
VENRES , 20 DE DECEMBRO
Mago “ Cayetano Lledó” Espectáculo :“O Circo Máxico de Nadal”, no Salón de Actos da Alianza Aresana ás 18:00 horas, espectáculo para toda a familia.
SÁBADO, 21 DE DECEMBRO
III Certame de Panxoliñas- Concello de Ares. Na Igrexa Parroquial San Xosé de Ares ás 20:00 horas.
Exhibición de Danza e Baile Moderno das Escolas de Ares e Mugardos: dende as 17:30 h no Pavillón Deportivo Municipal de Mugardos.
LUNS, 23 DE DECEMBRO
“Cabalgata de Papa Noel.”
(O horario establecido así como o percorrido será sempre orientativo). Chegada ás 16:30 a Redes (Praza do Pedregal), 17:00 chegada a Barracido, 17:20 chegada a Pedrós, 17:45h chegada a Chanteiro (Outeiro de Chanteiro). 18:10 CIRS de Cervas, 18:30 h percorrido polas rúas de Ares: Saída da Porta do Sol, Avda de Redes, Saavedra Meneses, Praza da Igrexa, Rúa Real, Avda de Mugardos,Aviador Franco e remate ás 19:30 h na Alianza Aresana onde Papá Noel recibirá a todol@s nen@s.
XOVES 26, VENRES 27 E LUNS 30 DE DECEMBRO
Polas mañás: de 10 a 13h: MULTIDEPORTE: ACTIVIDADES DEPORTIVAS GUIADAS.Inscripcións previas.
Polo serán: de 16:30 a 19:30 , no pavillón polideportivo: Vide xogar ao eu queirades: tenis, baloncesto, fútbol sala baile….De balde. Grupos organizados. Inscricións previas . Ata os 18 anos.
VENRES , 27 DE DECEMBRO:
Obradoiro de maquillaxe de festa: Dende as 19:00 ás 22:00 horas na OMIX (Biblioteca Municipal) dirixido á xente de 12 anos en diante.Custo:3€
VENRES , 27 DE DECEMBRO E SÁBADO 28
1ª Party Informática” Informatizares” na Casa de Xuventude. Prazas limitadas. Inscrición na Omix e Casa da Xuventude.
SÁBADO 28 DE DECEMBRO
“ III TRIANGULAR DE PEÑAS DEPORTIVISTAS ARESANAS DE FÚTBOL” Dende as 11 da mañá, ca participación das Peñas do Deportivo, Barcelona e Madrid, no campo municipal de Prados Vellos.
DOMINGO, 29 DE DECEMBRO
IX Carreira Popular de Fin de Ano: Ás 11 horas do domingo 30 de Nadal dende o Concello de Mugardos. Percorrido: 10 Km Mugardos-Ares-Mugardos (avituallamento líquido ao paso por Ares), con chegada ó Pavillón Municipal deMugardos. Requisitos: Ter cumpridos 14 anos. Información e Inscricións na web da Federación Galega de Atletismo.
LUNS, 30 DE DECEMBRO
Obradoiro de perrucaría: Dende as 19:00 ás 22:00 horas na OMIX (Biblioteca Municipal) dirixido á xente de 12 anos en diante. Custo:3€
VENRES, 3 DE XANEIRO
Obradoiro de “contacontos e bonecas recortables”
Dende as 17:00 ás 19:00 horas na Biblioteca Municipal. Actividade pensada en tódolos membros da familia.
“ Xornada familiar de portas abertas no complexo acuático do Castro”: Xogos acuáticos de 16,15 a 19,15 h. con entrada libre á piscina (@s menores de 12 anos só accederán acompañad@s dun adulto que obrigatoriamente introducirase no auga. Si a participación fose elevada nalgún momento puntual rescindirase o acceso e faranse tandas de 45 min).
DOMINGO,5 DE XANEIRO:
“Cabalgata de Reis” (O horario establecido así como o percorrido será sempre orientativo).Chegada ás 16:30 a Redes (Praza do Pedregal), 17:00 chegada a Barracido, 17:20 chegada a Pedrós, 17:45h chegada a Chanteiro (Outeiro de Chanteiro). 18:10 CIRS de Cervas, 18:30 h percorrido polas rúas de Ares: Saída da Porta do Sol, Avda de Redes, Saavedra Meneses, Praza da Igrexa, Rúa Real, Avda de Mugardos,Aviador Franco e remate ás 19:30 h na Alianza Aresana onde Os Reis Magos recibirán a todol@s nen@s.