Programación de Nadal do Concello de Poio
18 de decembro ás 20.00 h. CONCELLARÍA DE BENESTAR SOCIAL. PRESENTACIÓN LIBRO “A cociña de Elena Argüello” que se vai a celebrar no Casal de Ferreirós. Falarase de cociña disfrutando dun pincho.
19 de decembro. CONCELLARÍA DE BENESTAR SOCIAL. XORNADA DE COCIÑA ESPECIAL POLO NADAL
Tralo éxito obtido nas diversas xornadas de cociña que se organizan ó longo do ano, non queremos deixar pasa-las datas do nadal sen ofrecer unha sesión adicada a elaborar un menú de nadal de baixo presuposto pero sen mermar a calidade e a orixinalidade., A cita é o 19 de decembro (xoves) ás 19.00 horas na Casa Rosada e contamos coa cociñeira Elena Argüello. A entrada é libre e todos/as serán benvidos.
19 e 20 de decembro. CONCELLARÍA DE EDUCACIÓN. Visita de Papá Noël aos centros de educación infantil do municipio.
20 de decembro
Ás 20:15 h. CONCELLARÍA DE IGUALDADE. EXPOSICIÓN “ARTETERAPIA” dos traballos do curso”SOCIARTE” organizado polo Centro de Información á Muller. No salón de actos da Casa Rosada.
Ás 21 h. Clausura do Ciclo de Teatro PoioEscena2013 , coa obra Soño dun Sedutor, de Tolemia Teatro.
21 de decembro
CONCELLARÍA DE BENESTAR SOCIAL. FESTA DE NADAL
O día 21 de Decembro celebraremos o Festival de Nadal a partir das 17.30 h. Unha tarde de humor, a actuación do coro do centro social, sorteos, un animado baile….e tamén a tradicional rosca.
Tamén estarán presentes os sorteos. Ocentro social prepara unha cesta que sortea de balde entre tódolos/as veciños/as da terceira idade maiores de 60 anos e empadronados no concello que retiran os boletos de participación no propio Centro.
Tamén sortearemos o cadro doado por D. Faustino Ucha. Os fondos que se recauden destinaranse a fins sociais. Todos os asistentes á Festa entrarán no sorteo de tres detalles doados polos obradoiros de Cestería, Gancho e Bisutería.
CONCELLARÍA DE CULTURA E CORAL DE POIO. CERTAME DE PANXOLIÑAS DE NADAL. Ás 18:30 h. na Igrexa do Divino Salvador de Poio.
21 de decembro. CONCELLARÍA DE CULTURA E BENESTAR SOCIAL. GALA DE PRESENTACIÓN DE “CAPRICHO RANCHERO” DE MARIETTA. Con fins benéficos. Ás 20 h. no centro cultural Xaime Illa Couto de Raxó.
PROGRAMA DE DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA MUNICIPAL. CONCELLARÍA DE CULTURA:
¡Quero xogar polo Nadal!: Obradoiros e actividades lúdicas na biblioteca para nen@s nas datas: 26, 27 de decembro e o 2 e 3 de xaneiro.
Nas datas non lectivas, do 23 de decembro ao 8 de xaneiro, a biblioteca abrirá en horario de mañá, de 11 a 14:30 h.
Ademais, como cada ano a Concellaría de Cultura e a Biblioteca Municipal organizan:
Lotaría de Libros
Agasallo dunha cesta de libros entre os que efectúen préstamo de libros durante o mes de decembro. Con cada libro retirado depositarase unha papeleta na urna instalada nas dependencias da biblioteca. O sorteo da cesta de libros terá lugar o luns 23 de decembro.
Premio “Os lectores do ano”
Recoñecemento ao usuario infantil e ao usuario adulto máis activo no último ano, segundo o rexistro de préstamos da biblioteca municipal. Os gañadores ou gañadoras recibirán como agasallo sendos lotes de libros. A entrega realizarase o luns 30 de decembro.
FESTA DE REIS 2014 – 5 de xaneiro de 2014
CABALGATA: Realizarase o percorrido acostumado, saíndo do Concello (Praza do Mosteiro) a redor das 16 h., con parada nas prazas e peiraos das localidades e con chegada a A Seca sobre as 19 h. onde poderán achegarse os nenos e nenas. Percorrido: Concello – Campelo – Lourido – A Barca – San Salvador – San Xoán – Combarro – Samieira – Raxó – A Seca.
A festa de reis 2014 volverá celebrarase no interior do pavillón do CEIP Isidora Riestra e no patio exterior cuberto. Comezará como cada ano ás 16:30 h., contará con inchable, animación, discoteca infantil, obradoiro de maquillaxe de fantasía, globoflexia, xogos tradicionais, rá, bolos celtas… Caramelos, globos e diversión para os máis pequenos.
Ao redor das 18:30 h., o xurado do concurso de tarxetas de nadal, formado polas asociacións que integran o Consello Municipal de Cultura, farán entrega dos premios aos gañadores desta edición, e arredor das 19:30 farán a súa entrada os Reis Magos de Oriente para recibir as peticións dos nenos e nenas.











