publicidade hoxe

Presentar a exposición “El paraíso de los creyentes” de Alberto García-Alix

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

A tenente de alcalde de Cultura, Ana Fernández, presentou esta mañá a mostra El paraíso de los creyentes de Alberto García-Alix, que se inaugura esta tarde ás 19.30 horas, no Quiosco Alfonso. A mostra poderá visitarse até o 16 de febreiro en horario de 12.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 21.00 horas.

A exposición reúne un total de 60 fotografías e unha nova obra audiovisual nas que o autor indaga na relación entre texto e fotografía: “Esta exposición aúna fotografías antigas e modernas coas que pretendo construír un ensaio sobre a palabra e a imaxe”, explicou o artista para quen “a luz é o traxe da fotografía”. Ana Fernández, pola súa banda agradeceu “as labazadas de realidade que supoñen as súas imaxes porque nos obrigan a ver o que ás veces non queremos ver”. A mostra complétase co libro El paraíso de los creyentes editado por Cabeza de Chorlito que inclúe 68 imaxes e un DVD con reflexións do artista e música de Daniel Melingo.

A concelleira subliñou que para A Coruña é unha honra contar cun artista da talla de García-Alix, quen nas súas máis de 3 décadas de traxectoria converteuse nun dos fotógrafos españois máis destacados do panorama artístico contemporáneo. O seu traballo recibiu importantes recoñecementos como o Premio PhotoEspaña, o Premio Observatorio D’Achtall, o Premio Fotografa da Comunidade de Madrid ou o Premio Nacional de Fotografía, entre outros. Ademais a súa obra forma parte de coleccións do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, do Centro Galego de Arte Contemporánea, do Photo Museum of HAAG, do Fonds National d’Art Contemporain ou do Deutsche Bourse.

Esta mostra, xunto coa que se inaugurará a próxima semana en Palexco dedicada a Gil H. Cortesao, pechan un magnífico ano expositivo na cidade, no que conviviron os novos valores galegos cunha ampla nómina de artistas de gran prestixio e presenza nacional e internacional como o caso de Axel Hütte, que dá a substitución a García-Alix, ou a de Mariña Abramovic.

11 de decembro de 2013 | 13:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.