Presentación en Marín do caderno para gaita galega de Felipe Rea
O Salón de actos da biblioteca pública “Vidal Pazos” de Marín acolle o 14 de decembro, ás 12.30 h., a presentación do caderno para gaita galega de Felipe Rea, “Conversas cunha gaita”. No acto intervirán Xose Vilas Graña e Andrea García González, licenciada en piano polo Conservatorio Superior de Música da Coruña.











