Premian as boas prácticas de innovación educativa do CEIP Wenceslao Fernández Flórez de Cambre e o IES Alfonso X da Barcala
Dous centros formativos cambreses foron premiados polas súas boas prácticas de innovación educativa que outorga a Consellería de Educación. Por unha banda, O IES Afonso X O Sabio de A Barcala, Cambre, acaba de recibir o 1º Premio á boa práctica de innovación educativa na modalidade de Mellora da convivencia nos centros educativos. O proxecto premiado é froito dun traballo que se iniciou no ano 2000, cando no centro se comezou a traballar en temas de convivencia. Desde o ano 2006 formouse un grupo de mediación que, no ano 2009, desenvolve o Plan de Convivencia do Centro, aprobado no ano 2012; tamén se creou a figura de dinamizador de convivencia. Entre as nove iniciativas que se desenvolven no centro, e que foron merecentes do premio, cabe destacar a existencia dunha Comisión Permanente de Convivencia, que se reúne semanalmente para facer un seguimento dos problemas de convivencia.
Tamén un aula de reflexión, co obxectivo de axudar ao alumnado con problemas de convivencia e que funciona grazas á voluntariedade do profesorado. O alumnado tamén é parte fundamental do proxecto, xa que colabora con dúas figuras clave: como alumnado mediador e como alumnado axudante. Neste momento existen dezaseis alumnos e alumnas con formación e experiencia en mediación, que atenden aos conflictos susceptibles de resolverse con esta estratexia. Tamén hai un grupo de oito alumnas e alumnos formada para facer de axudantes, iniciativa iniciada durante o curso 2012-2013, e que están formados e en disposición de colaborar nos problemas individuais dos compañeiros. O curso pasado formáronse dous grupos de traballo, un curso de formación no centro e unhas xornadas de fin de curso.
Por outra banda, o CEIP Wenceslao Fernández Flórez de Cambre foi tamén premiado co primeriro premio na modalidade da Mellora da Aprendizaje e do uso das lenguas extranxeiras.











