publicidade hoxe

Porto do Son recibe unha axuda de preto de 40.000 euros de Agader para a mellora de camiños municipais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPorto do Son
A-
A+

O Concello de Porto do Son con data 9 de decembro recibiu a resolución dunha subvención concedida através do Programa de mellora de camiños de titularidade municipal dependente de Agader. O importe subvencionable ascende a 39.341,58 € sendo o importe total da obra que se vai executar de 47.603,31€. Digamos que o Concello tense que facer cargo do IVE. Esta subvención vaise a destinar a tres pistas en concreto. Unha delas situada en Corzo, Caamaño. Neste caso trátase de canalizar a auga da pista e botarlle un novo pavimento de formigón. As outras dúas serán feitas en triple riego.

Unha delas está situada en Sendia, trátase da única pista de acceso as vivendas e agora mesmo encontrase sen pavimentación de ningún tipo, e dicir encóntrase en zahorra. E a última, trátase dunha pista en Ieste, Nebra, esta é unha pista realizada xa en triple tiego pero este triple riego está moi deteriorado. É dicir, o que se pretendeu con esta subvención foi destinar o arranxo de pistas a aquelas que se encontraban en peor estado. Pero é importante destacar, que o a Concellería de Obras ten moitas outras valoradas que están pendentes de incluírse no presuposto do exercicio 2014, e que seguramente sobrepasen os 200.000€. Digamos que esta é unha pequena intervención do total do investimento que se vai realizar ao longo do 2014. O prazo de execución remata o 30 de Xuño 2014 e comezaráse a licitar a principios do ano que ven.

13 de decembro de 2013 | 13:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.