Pontevedra conmemora hoxe a súa patrona, a Virxe da O
O Concello de Pontevedra, a través da Concellaría de Festas, quere recordar hoxe a festividade da patrona da cidade, a Virxe do O. Faráo con bombas de palengue e Dianas e Alboradas a cargo do grupo Os Alegres, que farán un pasarrúas polo centro urbano durante a xornada.











